Download PDF

Summary

- Experto en Comercio Internacional. Xestión do acceso da Empresa a mercados exteriores. Planificación, articulación, loxística e financiamento.

- Formación xurídica e traxectoria profesional vinculada ao sector financeiro, con especialización técnica e comercial na área de Banca de Empresas e Riscos.

- Aptitudes analíticas, de planificación, estratexia, comunicación e negociación intercultural.

- Experiencia comercial en diferentes segmentos de negocio e cliente. Orientación a resultados.

- Ampla e positiva experiencia de integración en estructuras, tanto en equipos consolidados como de nova creación.

Experiencia profesional

Aug 2013Present

Consultor Freelance en Comercio Exterior e Internacionalización de Empresas

Concepción, posta en marcha e consolidación dunha rede internacional de consultoría de empresas con vocación exterior. Presenza en LATAM, Europa e Norte de Africa.

Establecemento de protocolos de colaboración con diferentes Empresas.

Localización de fornecedores, procura de produto para investidores internacionais.

Mediación en operacións de compra-venda de empresas.

 Intermediación comercial Import-Export.

Xestor de Internacionalización do IGAPE ( Referencia 1032 )

Oct 2011Aug 2013

Apoderado

Bankia

Apoderado de reforzamento en diferentes oficinas de A Coruña, asumindo funcións de Subdirección e Xestión Comercial.

Nov 2007Oct 2011

Subdirector de Oficina

Bancaja - Caja de Ahorros de Valencia, Castellón y Alicante. Oficina de Carballo

Apertura, desenvolvemento e consolidación comercial de oficina de nova apertura en Carballo. Volume conquerido e xestionado > 20MM€.

Funcións técnicas (control unidade de negocio a nivel orzamentario, recursos humanos, balanzo, análise de riscos, seguimento, control documentario, etc.) e comerciais (execución e seguimento de orzamento comercial, atención ao cliente e acción comercial de implantación e expansión do negocio na área xeográfica de influencia).

Jul 2004Nov 2007

Xerente de Empresas

Bancaja - Caja de Ahorros de Valencia, Castellón y Alicante. Oficina Principal de A Coruña

Equipo de apertura de Unidade de Negocio de Entidade de recente implantación territorial.

Presentación, crecimento e consolidación da marca ( anteriormente sen presenza en Galicia ). Oficina xeralista.

Apoderado. Asumindo funcións comerciais, de xestión e seguimento de risco e coordenación xeral co resto da equipa. Dependencia directa da Dirección de Oficina e Dirección Territorial.

Oct 2002Jul 2004

Xestor Comercial de Empresas

Banco Pastor - Oficina de Empresas de A Coruña

Membro Apoderado da unidade de empresas da primeira oficina da Entidade, ubicada no edificio histórico e sede central.

Responsable de Carteira de clientes con volume de activo superior a 40MM€.

Xestión integral de necesidades financeiras do cliente, acompañamento, consolidación e crecimento de carteira, tanto por vía orgánica como mediante captación de novos clientes.

Coordenación co Departamento de Riscos na xestión e planeamento do risco e coa Dirección da Sucursal na política comercial e de prezo.

Jul 2001Oct 2002

Responsable de Riscos 

Banco Pastor - Oficina de Empresas de Pontevedra

Responsable de análise, control  e seguimento de riscos da carteira de clientes da Sucursal.

Estudo e plantexamento de riesco, filtrado, scoring,preparación de propostas, xestión de política de prezo en coordenación coa equipa comercial e diagnose e control de cumprimento.  

Aplicación de políticas preventivas e xestión documentaria.

Jul 1997Jul 2001

Programa MDP ( Modelo de Desenvolvimento Profesional ) 

Banco Pastor - Oficina Principal de Vigo

Seguimento das etapas definidas no modelo, con actividade sucesiva na Banca Privada (1997-1998 ), Análise de Riscos (1998 - 2000 ), Seguimento de Riscos ( 2000 ) e Área Comercial de Banca de Empresas   (2001 )Técnico en Bolsa ( Autorización CNMV )

Jan 1996Jun 1997

Xestor de contenciosos

Banco Pastor - Departamento de Xestión Risco Conflitivo

Centro de Recobro de A Coruña. Integrado nunha unidade económico-xurídica de recuperación da morosidade. Xestión e seguimento de expedientes e coordenación técnica.

Jul 1995Dec 1995

Bolseiro FEUGA 

Fundación Empresa Universidad Gallega

Selección efectuada por esta fundación mixta académico-empresarial.

Bolsa de 6 meses.

Destino: Departamento de Xestión do Risco Conflitivo. Banco Pastor.

Formación Académica

20152016

Master International Business

Escuela de Negocios Afundacion - Vigo

Realizado en fins de semana. Programa de 420 horas, impartido ao 50% en Inglés.

Módulos formativos en Procesos de internacionalización e xestión de operacións, Marketing internacional e Expansión Internacional.

Elaboración de proxecto de internacionalización real,  defendido en Inglés perante o Tribunal.

20152015

Curso Superior en Comercio Internacional

Cámara de Comercio de Vilagarcía de Arousa
20152015

Business Program Gestión de Operaciones Internacionales

Escuela de Negocios Afundación - Vigo
20012001

Diploma Avançado Português Língua Estrangeira (DAPLE)

Universidade de Lisboa - Instituto Camões

Nivel C1 MCER

20002000

Certificate in Advanced English (CAE)

University of Cambridge

Nivel C1 MCER

19991999

Contratación y Negociación Internacional

Cámara de Comercio de Vigo
19891995

Licenciatura en Dereito

Universidade da Coruña

Facultade de Dereito da Coruña

19891992

Ciclo Superior de Inglés (Ministerio de Educación y Ciencia)

E.O.I. (Escola Oficial de Idiomas de A Coruña - Xunta de Galicia)

5 cursos, realizados en tres anos.

Idiomas

  1. Galego:   Competencia bilingüe ou nativa
  2. Español:  Competencia bilingüe ou nativa
  3. Inglés:      Competencia profesional completa
  4. Portugués: Competencia profesional completa
  5. Francés:     Competencia básica limitada
  6. Catalán:      Competencia básica. Comprensión oral e leitora

Informática

Manexo programas entorno Microsoft Windows Office pack, Open Office.

Familiaridade con programas e aplicacións de xestión ( Trello,  Skype, Adobe forms ). Internet, redes sociais, blogues, guías,... E-commerce e posicionamento na rede. Coñecemento de elementos reputacionais.

Experiencia con diferentes programas específicos de xestión financeira, bases de datos comerciais, etc.

Nivel usuario.

Formación adicional

  • Formación en Comercio Internacional ( varios formadores; máis de 300 horas ) Anos 1989 - 2015
  • Formación Comercial ( varios formadores; máis de 200 horas ). Anos 1997 - 2008.
  • Formación en Riscos ( varios formadores; máis de 100 horas ). Anos 1998 - 2008.
  • Prevención de Riscos Laborais (2012)
  • Prevención do Branqueamento de Capitais e Finanzamento do Terrorismo (2012)